Debido á situación actual, a organización Aprendices Visuales comparte de forma gratuita, 20 contos con pictogramas:
Son contos online, que pode descargar tanto o profesorado como as familias desde casa, accedendo á páxina web da organización. Están especialmente enfocados á Educación Infantil e aos primeiros cursos de primaria, así como para todos aqueles que precisen do apoio que ofrecen os pictogramas.
Os diferentes títulos están orientados ao traballo da autonomía persoal e na casa, ás emocións e para iniciación á lecto-escritura de forma lúdica. Ademais existe unha aplicación cos contos interactivos, que pode dar bastante cobertura ás familias.
Velaquí unha mostra dos contos (pincha no conto individual e verás).
5 contos para aprender autocoidados
Ningún comentario:
Publicar un comentario