martes, 28 de abril de 2020

FOLLA DE ROTEIRO. SAÍDAS NO CONFINAMENTO

Que ganas de desfrutar destas primeiras saídas desde o estado de alarma: paseos, aire libre, correr, brincar... sen esquecer as medidas de distanciamento social e as precaucións hixénico sanitarias.

Propoñemos un xogo de detectives na rúa e aquí vos deixamos unha folla de rexistro do voso roteiro.

Podedes contarnos as vosas sensacións, por onde paseades, con quen... e rexistrar como atopastes de lixo o entorno (cabichas, cacas de can...) ao mellor todo está máis limpo... non sei eu ;-)

Manda a túa folla cuberta ao teu mestr@ e unha foto do teu paseo. Animádevos a participar!!!!

PINCHA AQUÍ PDF

Ningún comentario:

Publicar un comentario