xoves, 30 de abril de 2020

TARRO DE BICOS DE CORES

Lembrades este conto tan ben contado polo mestre Marcos, DE QUÉ COLOR ES UN BESO, de Rocío Bonilla.



Este conto ensínanos todas as cores que poden ter os bicos. Que che parece a idea de telos todos gardados nun tarro?  Busca un tarro chulo que teñas na casa e nel garda pequenos papeis cos diferentes tipos de bicos. Así poderás empregar o bico que precises no momento oportuno. 


Aquí tes unha plantilla para facer os teus propios bicos de cores. Podes darlle o significado que ti queiras e mesmo inventar tipos de bicos e de outras cores (bicos de melbicos de algodónbicos de azucrebicos de regalizbicos de chocolate...) 

PINCHA AQUÍ PLANTILLA PDF



Podedes enviarnos fotografías dos vosos tarros de bicos ao seguinte correo:


 orientacionvite1@gmail.com


...e tamén ao correo dos titores e titoras. Encantaríanos poder ver o voso resultado e creatividade. Animádevos a participar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario