Estamos a pasar momentos cotiás que marcarán a diferencia na relación cos nosos fillos e fillas e están a fortalecer a comunicación familiar.
Está demostrado que as adiviñas, as retahilas, os refráns, os trabalinguas... o que coñecemos como TRADICIÓN ORAL, son un exercicio excelente para estimular o pensamento abstracto, a aprendizaxe e a intelixencia infantil. Tamén axuda a mellorar a súa linguaxe, a súa capacidade para resolver problemas e lles facilita a apropiarse dos conceptos con maior rapidez. Para que podades divertirvos en familia xogando ás adiviñas, aquí vos contamos algunhas moi sinxelas, sacadas dos libros: "LAS 323 ADIVINANZAS MÁS FAMOSAS" e "ADIVINANZAS PARA LEER Y ESCUCHAR", os dous da editorial susaeta.
As adiviñas tamén son un bo exercicio para potenciar a memoria, sobre todo os enigmas máis sinxelos que os peques da casa poden recordar con máis facilidade para contalos logo. Aquí vos deixamos un listado en castelán, de algunhas moi entretidas coas que podedes pasar un rato en familia único.
Ningún comentario:
Publicar un comentario