luns, 18 de maio de 2020

UN PUÑADO DE BOTÓNS

Non hai unha maneira única de ter unha familia. Para todas as fermosas familias que formades esta comunidade educativa e que cada unha delas ides levando como podedes este confinamento, vai adicado con moito cariño este apartado, espero que vos guste.


Non todas as familias son iguais.
Cada familia é diferente, única e especial.
Hai tantas, tantas, como un puñado de botóns.


Así é como empeza este orixinal conto infantil s
obre a diversidade familiar "Un puñado de botones", de Carmen Parets Luque. 

Na sociedade actual, existen moitos tipos de familias: grandes, pequenas, cunha mamá, con dous papás, con pais divorciados... É por eso que é importante normalizar toda esta diversidade familiar, para fomentar a tolerancia e o respeto ante as diferenzas.



Cada nen@ vive nun entorno distinto, cunha estructura familiar diferente. Pode ser unha familia étnica donde existan diferentes razas. Pode ser unha familia homoparental, monoparental... Pode ser un nen@ adoptad@, o unha familia na que haxa fill@s de diferentes pais. 


¿Que cousa especial fai que sexan familia?. Todas esas familias teñen algo en común: o amor, o agarimo, a protección, os lazos afectivos...


Este libro amosa dunha maneira sinxela, diferentes tipos de familias para normalizar calquer tipo de situación.

Cun texto claro e conciso que va acompañado dunhas orixinais ilustracións realizadas con "collage", onde podemos atopar papeis, telas e como non, botóns, os protagonistas deste conto.

Estos botóns representan cada membro das familias que se contemplan no libro, e podemos atopalos realizando actividades tan cotidiás como unha salida ao parque, unha visita ao súper, o momento da comida... @s nen@s  poden verse identificados con esas actividades, observando que todas as familias teñen esos momentos xuntos.



Ademáis ao final da historia, encontramos unha páxina onde podemos debuxar a nosa familia de botóns.



Un puñado de botones
Carmen Parets Luque
Createspace, 2018

Tapa blanda
Medidas  21 x 21 cm 
30 páginas.
ISBN: 978-1985742543
Edad recomendada: 3-6 años.


Ideas de actividades: 

O libro ten como tema central a diversidade familiar, deixamos unha serie de propostas para traballar cos nen@s este tema e que nos vainos permitir ampliar a lectura do mesmo. 
  • Podedes contarnos  quen vive na vosa casa, se tedes irmáns, con quen pasastes este confinamento... 
  • Contádenos que cousas vos gusta facer coas vosas familias.  queremos observar que por moi diferentes que sexan as familias, todos facemos cousas parecidas.
  • Debuxade como é a vosa familia. E para facer alusión ao libro, podedes empregar botóns como cabezas... ou deixar voar a imaxinación e a creatividade para decorar os vosos debuxos.
  • Animádevos a enviar os vosos resultados ao correo orientacionvite1@gmail.com
  • Bailar e cantar coa canción "Todas las familias son diferentes":



Leer más publicaciones en Calaméo


Enlaces de interés: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario