venres, 26 de xuño de 2020

BO VERÁN!

Chegou ao seu fin o curso 2019 - 2020...

Quen nos ía dicir que as vosas casas se ían a converter en improvisados colexios e as vosas familias en axudantes dos mestres???

Queremos dar a NORABOA a todo o alumnado do noso centro e as vosas familias polo voso traballo, polo voso esforzo e pola vosa capacidade para adaptarvos á nova situación de ensino - aprendizaxe-confinado, coa que nos tocou lidiar nos últimos meses. e a que saimos cun "master en pandemias".

Achegámosvos unha mensaxe que tedes que descifrar coa axuda dun código, agardamos que vos guste.


Gozade do verán e recargade moito as pilas, con letras, natureza e moitas risas, para afrontar a nova normalidade que nos atopemos en setembro.

luns, 8 de xuño de 2020

AS PALABRAS PARA DESIGNAR A CHOIVA

Como proposta desde o Obradoiro de Lingua, quixemos familiarizar ao noso alumnado con palabras relacionadas coa “choiva”, pois en Galicia adquire multitude de vocablos diferentes para distinguir os tipos de precipitacións. Os expertos cifran en ata un centenar os vocablos que manexamos os gallegos para definir a choiva. A maioría é para referir os tipos de “choiva fleble”, seguramente porque é máis doado encariñarse coa metereoloxía cando non caen “chuzos de punta”.

Aproveitando cando estabamos instalados na casa, repartimos unha palabra para cada neno e nena de 2º nivel. Pedimos a colaboración desde  casa das familias, primeiro para aventurar o que podía significar cada palabra e logo para buscar xuntos o seu significado (facilitando enlaces de internet). Escribimos a palabra e o que quere decir e decoramos con debuxos alusivos desde a súa fiestra.

Coas aportacións deste proceso fixemos un corto moi pavero que aquí vos deixamos, esperamos que vos guste!.