Como proposta desde o Obradoiro de Lingua, quixemos familiarizar ao noso alumnado
con palabras relacionadas coa “choiva”, pois en Galicia adquire multitude de
vocablos diferentes para distinguir os tipos de precipitacións. Os expertos
cifran en ata un centenar os vocablos que manexamos os gallegos para definir a
choiva. A maioría é para referir os tipos de “choiva fleble”, seguramente
porque é máis doado encariñarse coa metereoloxía cando non caen “chuzos de
punta”.
Aproveitando cando estabamos instalados na casa,
repartimos unha palabra para cada neno e nena de 2º nivel. Pedimos a
colaboración desde casa das familias, primeiro
para aventurar o que podía significar cada palabra e logo para buscar xuntos o
seu significado (facilitando enlaces de internet). Escribimos a palabra e o que
quere decir e decoramos con debuxos alusivos desde a súa fiestra.
Coas aportacións deste proceso fixemos un corto
moi pavero que aquí vos deixamos, esperamos que vos guste!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario