CANCIÓN CON PICTOGRAMAS PARA ENTENDER POR QUE HAI QUE QUEDAR NA CASA
Xa vai alá unha semana desde a última vez que nos vimos no noso lugar habitual, o cole. Pensamos moito en vós e en como estaredes levando este repentino cambio na rotina. Por iso, deixámosvos aquí esta canción que un compañeiro do CEE de Miño fixo para axudar a comprender aos seus alumnos e alumnas por que hai que quedar na casa. Sabemos que a música é algo que vos encanta. Esperando que a disfrutedes e que poidamos volver a reencontrarnos pronto, mandámosvos, aos nenos, nenas e familias, unha agarimosa aperta!
Canción con pictogramas de Arasaac feita por José Carbia Vilar, profe do CEE Miño "Sabela, as zocas máxicas e o coronavirus". Autor pictogramas:Sergio PalaoProcedencia:http://catedu.es/arasaac/Licencia:CC (BY-NC)
Ningún comentario:
Publicar un comentario